AD CARBALLAL, BM LALÍN E BM PORRIÑO BUSCARÁN A CLASIFICACIÓN PARA A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO
Chegou o momento da verdade para AD Carballal, BM Lalín e BM Porriño xuvenil feminino. Carballal e Lalín xogarán os seus sectores nacionais como locais, mentres o BM Porriño viaxará ata Ciudad Real. O obxectivo: Clasificarse para a fase final do Campionato de España, onde só estarán os oito mellores equipos (pasa o primeiro de cada grupo).
O Pavillón do Loureiro acolle o Sector A onde a AD Carballal enfrontarase como primeiro clasificado galego ao BM Rocasa canario, ao IKASA BM madrileño e ao ED. BM Calamonte extremeño.
Por outra banda no Lalín Arena podemos disfrutar do sector B onde as rapazas do BM Lalín xogarán contra o Lanzarote Puerto del Carmen canario, Balonmano Gijón asturiano e por último contra o Gasoleos Vallejo BM Fuentes Carrionas de Castela e León.
O BM Porriño como visitante xogará o sector F en Pozuelo de Calatrava, e alí enfrontarase ao equipo local, o Soliss BM Pozuelo de CVa, ao BM Sanse madrileño e ao BM Estudiantes de Ceuta.
Moita sorte aos tres conxuntos que buscarán un oco entre os oito mellores equipos de España!