Federación Galega de Balonmán
26/04/2019 alle 10:09
Testa

Guardés, Nieves Gamallo, Carla Abad, Soto e Rodosa, premiados na Gala ao Deporte Feminino Galego 2018

O próximo día 3 de maio (20:00 horas, auditorio de Vilagarcía) celebrarase a VII Gala do Deporte Feminino Galego na que o balonmán galego será un dos grandes protagonistas. Entre os premiados do ano 2018 estarán o Mecalia Atlético Guardés, Nieves Gamallo, Carla Abad, Rodosa e Manuel González Soto.

O Mecalia Atlético Guardés repite, por segundo ano consecutivo, como o mellor equipo do deporte feminino galego. O Guardés é o mellor do ano 2018 no que quedou segundo na Liga Iberdrola empatado a puntos co campión, o Bera Bera. Ademais foi o ano que chegou máis lonxe en Europa, onde quedou eliminado por só un gol na terceira rolda da Copa EHF.

Nieves Gamallo recibirá o premio pola súa traxectoria deportiva. Nieves tocou todas as "cartas" no balonmán, onde comezou como xogadora, para amosar a súa valentía cando houbo que dar un paso adiante para crear un club. Ademais foi adestradora, directiva, delegada da selección española feminina... Un nome con maiusculas no balonmán galego.

Carla Abad foi recoñecida como mellor adestradora galega do ano 2018. Carla, que logrou o bronce coa selección galega infantil feminina, está a amosar unha enorme progresión no seu club (BM Cañiza) e foi convocada pola RFEBM para concentracións nacionais. 

Rodosa, un dos fieis patrocinadores do balonmán galego, recibirá o premio á entidade privada máis colaboradora co deporte feminino, por estar sempre cando se lle necesita. Este concesionario apoia ao balonmán, pero tamén a outros deportes, tanto a nivel individual como clubs ou eventos. Un verdadeiro "todoterreo".

E por último, destacar a mención "In Memoriam" para Manuel González Soto. O BM Chapela foi a súa casa durante corenta anos, onde estivo en todas as facetas posibles (xogador, adestrador, directivo, e presidente). Ademais hai que destacar a aposta de Soto polo balonmán feminino.


Así que o día 3 de maio estaremos no Auditorio Municipal de Vilagarcía aplaudindo e celebrando o gran momento do deporte feminino galego en xeral e do balonmán en particular. Non faltedes!



0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.