Federación Galega de Balonmán
29/04/2019 alle 16:26
Testa

XA TEMOS REPRESENTANTES NOS SECTORES ESTATAIS INFANTÍS

Esta fin de semana disputáronse as fases finais da División de Honra Infantil masculina e feminina, nas que se decidían os conxuntos que acompañarían aos campións galegos nos sectores estatais. 

Na categoría feminina celebrada en Cangas, o UB Lavadores acadaba na segunda xornada unha das prazas que estaban en xogo, e non foi ata a derradeira cando o BM Cangas conseguía na sua pista a terceira e última praza que lles facía sumarse a AD Carballal (campión da Liga regular) para representar a Galicia nos campionatos de España. 

Na  masculina, houbo moita máis emoción nunha igualadísima fase final na que a AD Carballal facíase co primeiro posto, e o subcampionato galego, tan so cun punto de diferenza sobre o segundo e o terceiro clasificado. Así, a terceira praza para o sector nacional tivo que decidirse polo gol-average e deste modo o BM Porriño sumábase a representación galega para os sectores, onde o BM Culleredo xa tiña a súa praza como campión. 


Noraboa e moita sorte a todas e todos!

0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.