Federación Galega de Balonmán
05/05/2019 alle 19:51
Testa

AD Carballal, subcampioa de España xuvenil feminina

Espectacular actuación da A.D. Carballal na fase final do Campionato de España xuvenil feminino, que se celebrou en Vigo, onde logrou a medalla de prata despois de perder na final contra o BM Elche (campión por segundo ano consecutivo).

As viguesas fixeron un campionato excepcional e iso que tiveron que recuperarase da derrota no primeiro partido de grupo, no que pagaron os nervios de xogar na casa a fase final. Pero a partir de aí, o Carballal foi crecendo, gañando e ofrecendo momentos máxicos no Pavillón de Candeán. Primeiro cando lograron a clasificación para as semifinais tras vencer ao BM La Roca (28-26).

Posteriormente chegou a semifinal contra o Colegio Maravillas de Benalmádena, que tivo que decidirse no lanzamento de 7 metros, tras finalizar o partido (26-26) e as prórrogas (31-31). 

Na final, o BM Elche foi mellor, pero iso non puido estropear a festa no Pavillón de Candeán, onde se celebrou por todo o alto a proeza das nosas xogadoras.

Noraboa para xogadoras, corpo técnico, directiva, familias e afección da A.D, Carballal!! Moi orgullos@s! Tanto no aspecto deportivo, como de organización e de comportamento das afeccións!

0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.