Federación Galega de Balonmán
04/06/2019 alle 16:17
Testa

MAÑÁ COMEZA EN VIGO A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL FEMININO, COA AD CARBALLAL COMO ANFITRIOA

O Pavillón das Travesas, en Vigo, acollerá do 5 ao 9 de xuño a fase final do Campionato de España na categoría infantil feminina. A cita reúne aos 8 mellores conxuntos da categoría, que loitarán polo título de campioas de España por clubs.

Os tres primeiros días de competición disputarase a fase de grupos. Os dous primeiros clasificados de cada grupo  accederán  ás semifinais.

GRUPO I

BM Huarte, Smurtfit Kappa Córdoba BM, Hand Vall “A” e Handbol Sant Joan Despí “A”.

GRUPO II

Faro de Vigo AD Carballal, HBC’74 Construcciones Saypa, Colegio Maravillas Benalmádena e BM San Serván.

Os horarios das nenas da AD Carballal son os seguintes: 

Mércores 5: 21:00h - Faro de Vigo AD Carballal - BM San Serván

Xoves 6: 21:00h - Faro de Vigo AD Carballal - HBC’74 Construcciones Saypa

Venres 7: 21:00h - Faro de Vigo AD Carballal - Colegio Maravillas Benalmádena


Moita sorte!

1 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.