HOSPEDAXE PARA O VOLUNTARIADO DO MUNDIAL JÚNIOR DE VIGO E PONTEVEDRA
A organización do Mundial Júnior de Vigo e Pontevedra oferta aloxamento para o voluntariado que veña dende lonxe (máis de 100 quilómetros) e queira colaborar durante toda a competición.
As persoas interesadas en acceder a esta posibilidade deberá enviar un correo electrónico a [email protected] antes do próximo día 4 de xullo. Para poder optar a estas prazas @s voluntari@s deben estar dispoñibles dende o 14 ao 28 de xullo e ser maiores de idade. O aloxamento incluirá almorzo e a comida se lles dará no pavillón. Ademais a todo o voluntariado se lle entregará a roupa oficial para vestir durante o Mundial.
Queres formar parte do Mundial? O papel do voluntariado é fundamental para o bo funcionamento do evento, xa que na maioría dos casos é a primeira "cara" visible para os atletas, espectadores e xornalistas.
No documento adxunto tedes toda a información sobre as diferentes áreas nas que pode colaborar o voluntariado. Podes inscribirte aquí
Contamos contigo!!!