Federación Galega de Balonmán
03/07/2019 alle 09:33
Testa

Xa podes mercar as túas entradas para o Mundial Júnior de Vigo e Pontevedra

Dende hoxe 3 de xullo ás 12:00 horas xa podedes mercar as localidades para asistir ao Mundial Júnior masculino, que se celebrará en Vigo e Pontevedra do 16 ao 28 de xullo. A venda de localidades realizarase a través de Marcaentradas e tamén haberá puntos de venda físicos nas sedes de todos os clubs galegos ou  na Federación Galega de Balonmán.


Os prezos das localidades oscilan entre os 7 euros das xornadas de mañá ou tarde da primeira fase (tres partidos), ata os 32 do último día para gozar coa final na que se decidirá o campión do mundo e a loita polo bronce. Tamén haberá un abono (para toda a primeira fase, oitavos e cuartos de final) por 70 euros, que só estará dispoñible ata o 15 de xullo nos diferentes puntos de venda. A partir de aí, só poderán adquirirse entradas por xornada a través da páxina web de Marcaentradas, así como na seda da Federación Galega de Balonmán ou nas taquillas dos pavillóns. Os menores de 14 anos terán acceso gratuíto.


Non os perdades a oportunidade de ver en acción aos mellor xogadores do mundo da categoría júnior e de animar aos nosos Hispanos Júnior, que tentarán revalidar o título acadado hai dous anos en Alxeria.



Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.