Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 10:33

OS DÍAS 7 E 8 DE XUÑO, CURSO DE ÁRBITR@S PARA BM PRAIA EN VIGO

A Casa do Deporte en Vigo acollerá os días 7 e 8 de xuño un curso de formación para árbitras e árbitros no eido do Balonmán Praia.  As inscripcións deberanse realizar no seguinte enderezo: [email protected] e cun prezo de 20€. Faráselle entrega aos participantes dun regulamento acompañado dunha tarxeta, silbato, camiseta e gorra. Podes inscribirte ata o día 4 de xuño. Os horarios de impartición do curso serán: 7 de xuño - 16:00 a 21:00h 8 de xuño - 9:30 a 14:30 e 16:00 a 21:00h Animádevos! 

Vedere
Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 10:07

AD CARBALLAL INFANTIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA

Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, seguindo a estela do conxunto xuvenil, clasificarse para a fase final do campionato de España infantil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este xoves cunha doada vitoria fronte ao Centro Deportivo Vallecas. Tras a xornada de descanso na primeira fase do grupo I, o sábado, as galegas acadaban o pase á final do domingo cun contundente 27:18 fronte ao Uribe Urduliz Eskubaloia.  Onte, co Pavillón do Loureiro como testemuña, as anfitrioas convertíanse… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
25/05/2019 19:56

O BUEU ATL. BM CAMPIÓN GALEGO DE VETERÁNS

O Lalín Arena acollía no día de hoxe o Campionato Galego de veteráns. Unha xornada cargada de balonmán que se compaxinaba coa celebración da fase final da 2ª autonómica infantil masculina.  O Conxunto do Bueu Atlético Balonmán facíase co título despois de vencer na gran final ao BM Cañiza.  A clasficación final foi a seguinte:  1. Bueu Atlético BM 2. BM Cañiza 3. BM Rasoeiro 4. BM Lalín 5. ADC Lugo 6. Ferrolterra 7. BM. Meaño 8. Amigos BM. Ourense 9. Pontevedra veteranos Parabéns ao Bueu polo título e a tod@s polo gran día… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
24/05/2019 21:12

MAÑÁ COMEZAN AS FASES FINAIS DA COPA FEDERACIÓN EN CATEGORÍA XUVENIL MASCULINA E CADETE FEMININA

Esta fin de semana terán lugar as Copas Federación das categorías Xuvenil Masculina e Cadete Feminina, que se celebrarán entre o sábado 25 e o domingo 26, en Tui e Pontevedra respectivamente. O BM Tui recibirá como equipo anfitrión no Pavillón Novo de Tui ó Laber Xiria, ó que se enfrontarán ás 12:30 na segunda semifinal. A primeira disputarana o Club. Cisne Bm. Colegio Los Sauces e o Seis do Nadal ás 10:30h. Os vencedores de ámbolos dous partidos xogarán o domingo a final ás 12:30 para determinar qué equipo será o novo campión… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
23/05/2019 20:31

ESTE SÁBADO 25, EN RIBADAVIA, FINAIS DA COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE

O vindeiro sábado 25 de Maio desputarase na localidade ourensana de Ribadavia a XXXVII Copa Deputación Ourense de Balonmán nas seguintes categorías: Prebenxamín, benxamín e alevín en horario de mañá (9:00-14:00) no Pavillón O Consello. Infantil Masculino e Feminino en horario de mañá (9:00-14:00) no Pavillón de Maquians. Cadete e Xuvenil en horario de tarde (16:00-20:00) no Pavillón O Consello. E como prato forte as 20:30h tamén no pavillón do Consello, Carnes Do Ribeiro - Campus Ourense, na categoría sénior masculina.  Moita… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.