Federación Galega de Balonmán
15/05/2019 20:55

MAÑÁ COMEZAN OS SECTORES ESTATAIS CADETES, 3 DELES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A partir deste venres 17 de maio e durante toda a fin de semana os representantes galegos nos sectores estatais cadetes, loitarán por facerse un oco entre os oito mellores conxuntos de España.  Na categoría feminina poderemos gozar dos sectores con presenza de equipos galegos en casa, na provincia de Pontevedra. o Grupo A organizado pola AD Carballal como campioa galega, enfrontarase ao Puerto del Carmen Lanzarote, BM Palencia e o Kukullaga Etxebarri no pavillón do Loureiro (Vigo).  O subcampión galego, BM Cangas, que se clasifica por primeira… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
14/05/2019 18:32

A COPA FEDERACIÓN SÉNIOR FEMININA XÓGASE ESTA FIN DE SEMANA EN SALCEDA DE CASELAS

Esta fin de semana (18 e 19 de maio) celébrase en Salceda a Copa Federación Sénior Feminina coa participación dos tres primeiros clasificados ligueiros, BM Moaña, BM Porriño e Asmubal Meaño, e as anfitrioas do Balonmán Caselas. As semifinais xóganse hoxe sábado e son as seguintes: 18:30h Asmubal Meaño - BM Moaña 20:30h BM Porriño - BM Caselas O domingo, na derradeira xornada, disputarase a loita polo 3º e 4º posto ás 10:30h e a gran final ás 12:30h Moita sorte a todas!

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
14/05/2019 15:53

UB LAVADORES, EN VIGO, E BALONMÁN XIRIA LOITARÁN ESTA FIN DE SEMANA POLO ASCENSO Á  DHP MASCULINA

Os días 17,18 e 19 de maio celebraránse as fases de ascenso á División de Honra Prata Masculina, coa participación do UB Lavadores (en Vigo) e o Balonmán Xiria (en Avilés). A fase de ascenso está composta por tres grupos de catro equipos cada un e só o primeiro clasificado de cada grupo acadará o ansiado premio do ascenso á categoría de prata do balonmán español. En Galicia poderemos gozar no pavillón de Navia do Grupo I da man do UB Lavadores, que coma anfitrión que se enfrontará ao Helvetia Anaitasuna (subcampión do grupo C),… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
13/05/2019 10:57

O CARBALLAL RETORNA Á PRIMEIRA NACIONAL MASCULINA

A AD Carballal conseguí o ascenso e voltar á Primeira Nacional Masculina na fase disputada en Pozoblanco esta fin de semana. Dúas vitorias e un empate non bastaron para acadar o ascenso directo como campión do grupo F. O conxunto vigués quedou empatado a puntos co campións, pero foi segundo pola diferenza de goles. Mais o bo facer da AD Carballal permitiulle  acceder á categoría nacional como mellor segundo de todos os grupos. 1º Xornada: AD Carballal 25:24 E.D. BM Calamonte 2º Xornada: AD Carballal 22:19 Logística Grillo BM Águilas 3º… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
13/05/2019 10:28

O PORRIÑO “B” XA É EQUIPO DA DIVISIÓN DE HONRA PRATA FEMININA

Magnífica actuación do BM Porriño B na fase de ascenso á División de Honra Prata, que se celebrou no Pavillón Municipal do Porriño esta fin de semana. As locais conseguían o ascenso tras gañar as dúas primeiras xornadas con soltura e unha terceira que tivo moita máis emoción. 1º xornada: BM Porriño 35:22 KTM Valsebike 2º xornada: BM Porriño 35:14 EDM Aceuchal Foi no derradeiro encontro contra o BM Zamora onde o ascenso estaba en xogo. Ambos equipos chegaban invictos a cita, cun Zamora que xa leva varios anos buscando dito ascenso. Partido… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.