Federación Galega de Balonmán
08/04/2019 10:29 · 1ª AUTONÓMICA MASCULINA

AD CARBALLAL CONSEGUE A SEGUNDA PRAZA PARA A FASE DE ASCENSO A 1ª NACIONAL MASCULINA

O conxunto vigués do AD Carballal acadou a segunda praza adicional para a fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina que ofertaba a Federación Española de Balonmán hai uns días. Non foi doada a fazaña lograda este sábado nun pavillón do Loureiro a rebosar, onde os do Carballal xogaban como locais fronte a seu rival directo, a S.A.R. de Redondela. O calendario ofrecía unha verdadeira final, entre os dous equipos que loitaban por esa praza. O encontro comezou moi axustado no marcador, cun tanto ou dous arriba por parte de ambos equipos,… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
14/03/2019 19:57

TRES GALEGAS, NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA XERACIÓN 2004/05

Tres xogadoras galegas participarán nas xornadas de tecnificación que se celebrarán do 13 ao 19 de abril en Iscar (Valladolid). As protagonistas son Lucía Villamarín (AD Carballal), Itziar Molinos (UB Lavadores) e Yaiza Alonso (AD Carballal), que terán que incorporarase á concentración o día 13 de abril na Estación de Atocha de Madrid, dende onde partirán en autobús en dirección a Iscar. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Vedere
Federación Galega de Balonmán
04/03/2019 11:30 · DIVISIÓN HONRA CADETE FEMININO, DIVISIÓN HONRA INFANTIL FEMININO

A AD CARBALLAL, CAMPIOA GALEGA INFANTIL E CADETE FEMININA

Esta pasada fin de semana os equipos infantil e cadete da AD Carballal acadaban matematicamente o liderado das dúas ligas de división de honra e a clasificación para os sectores nacionais. O conxunto infantil “A” selaba ante o BM Xiria cun resultado de 33 goles fronte a 17 das súas rivais, un fin de semana cargado de emocións. Con 36 puntos e a falta de tres xornadas as pequenas do club vigués proclámanse Campioas Galegas nesta tempada 2018/2019. Seguindo a mesma estela as xogadoras da categoría superior, o cadete feminino, que cunha… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
05/04/2019 09:08 · 1ª AUTONÓMICA MASCULINA

CARBALLAL E S.A.R. A POLA PRAZA ADICIONAL NA FASE DE ASCENSO A 1ª NACIONAL MASCULINA

Co Bm Culleredo xa campión da 1ª Autonómica masculina, a concesión a Galicia dunha segunda praza para o sector de ascenso á 1ª Estatal dálle unha dimensión especial ao partido que disputarán este sábado o Granitos Ibéricos Carballal e o Plastic Omnium SAR (O Loureiro, 20:30 horas). Os vigueses son segundos e defenderán esta praza diante duns redondeláns que ocupan a terceira posición e están a tan só dous puntos do seu rival. Os técnicos de ambas escadras recoñecen que están ante unha auténtica final e os dous outórganlle o… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
03/04/2019 20:11 · DIVISIÓN HONRA CADETE MASCULINO

O 5, 6 E 7 DE ABRIL CELÉBRASE EN CARBALLAL A FASE FINAL GALEGA CADETE MASCULINO

Esta fin de semana, no Pavillón do Loureiro (Carballal), está en xogo unha praza para os sectores nacionais na categoría cadete masculina.  A partires do venres 6 de abril ás 18:00h catro equipos -AD Carballal como anfitrión, o Grupo Lemaco Xiria, SD Teucro Hotel Rías Baixas e o Luceros El Hormiguero- buscarán a clasificación, para ter a oportunidade de medirse aos mellores clubs de España. Para os interesados tedes o calendario adxunto.  Moita sorte a todos! 

Vedere
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.