Federación Galega de Balonmán
10/26/2010 at 00:00
Head

A SELECCIÓN ESPAÑOLA XA COÑECE O LALÍN ARENA

A selección española de balónmán xa coñece o Lalín Arena, onde mañá disputará (20:30 horas) o partido inagural da fase de clasificación para o Campionato de Europa 2012, fronte a Lituania.
O equipo dirixido por Valero Rivera adestrou onte no novo recinto, con capacidade para 3.000 persoas, e hoxe volveu a facelo ás 12 do mediodía. Ademais, o grupo xa puido comprobar a enorme expectación que existe en Lalín, xa que ata o adestramento se desprazaron moitos nenos e nenas en busca do seu autógrafo.
O equipo está concentrado no hotel Katiuska, de Silleda, onde hoxe martes atenderá aos medios de comunicación ás 14.15  horas.
0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.