Federación Galega de Balonmán
11/05/2010 at 00:00

FALECEMENTO DO ADESTRADOR GALEGO ALEJANDRO LÓPEZ

Esta fin de semana, en todos os partidos oficiais, gardarase un minuto de silencio en honra de Alejandro López Villaverde, que finou á primeira hora da tarde de hoxe aos 51 anos de idade despois dunha longa enfermidade.
Os restos mortais do adestrador galego foron trasladados hoxe á  sala número 5 do tanatorio Vigo Memorial e está prevista a incineración para o domingo 7 de novembro ás 13 horas.
Alejandro López actualmente directivo da Federación Galega de Balonmán e seleccionar galego absoluto, conta un curriculum envexable, xa que adestrou a Chapela, Academia Octavio e Cangas, e con todos eles logrou ascensos de categoría e grandes éxitos deportivos. Co Cangas incluso logrou clasificalo para Europa por vez primeira na historia do club galego. No pasado mes de maio, e coincidindo coa celebración dun partido da selección galega, a Federación Galega de Balonmán homenaxeou en Cangas ao adestrador vigués coa insignia de ouro e brillantes da institución.
Dende a Federación Galega de Balonmán, facemos chegar un aperta aos familiares do finado e compartimos á súa dor pola perda dun magnífico adestrador, persoa e amigo.
 
 
0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.