Federación Galega de Balonmán
18/06/2010 às 00:00

CASE CEN ASISTENTES NO CLINIC PARA ADESTRADORES DE BALOMÁN

P>Un total de 96 adestradores/as están a participar no II Clinic para Adestradores, que comezou hoxe coa ponencia de Juan Oliver Coronado (responsable do departamento feminino da Federación Española de Balonmán e ex seleccionador nacional sénior de Brasil). Nesta charla, o técnico explicou as diferenzas entre o balonmán masculino e feminino e os motivos das mesmas (o tamaño do balón, cando comezou a muller a xogar...). /P> P>A continuación, o protagonista foi Zupo Equisoain (adestrador do Club Cuenca 2016), que falou sobre “Propostas ofensivas ante diferentes sistemas defensivos” e finalizou a xornada, Raúl González (axudante adestrador do club balonmán Ciudad Real e ex xogador da selección nacional absoluta) quen fixo a súa intervención sobre o uso de medios tecnolóxicos na análise dos partidos. /P> P>No día de mañá, continuará o seminario, coa clase práctica pola mañá no Pavillón Municipal do Porriño (houbo un cambio de última hora) e finalizará pola tarde cunha última ponencia a cargo de Pedro García Ramírez sobre o traballo técnico nas idades de base nun posto específico como o do porteiro. BR>  /P> P>O clinic foi organizado pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra e o obxectivo segundo explicou o director técnico da federación, Antonio Plaza, e “actualizar e mellorar a formación dos técnicos galegos, e con contidos que sexan útiles para o traballo diario dos técnicos”. A resposta dos adestradores galegos foi espectacular, coa presenza de case cen técnicos no clinic, que era gratuíto para todas e todos os interesados. BR>  BR>                /P> P> BR>  /P>
Nome Tamanho Data
Ver CIMG0414.JPG 42.66 KB 18/06/2010
0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.