Federación Galega de Balonmán
31/08/2010 às 00:00

A FASE FINAL DA III COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA TERÁ LUGAR ESTA FIN DE SEMANA EN MOAÑA E LALÍN

font color="#000000" size="3" face="Times New Roman">Moaña e Lalín acollerán a fase final da III Copa Deputación de Pontevedra os días 2 e 3 de setembro, na que participarán os clubs Academia Octavio, Construcións Paraxe Chapela, Frigoríficos do Morrazo e SD Teucro. O conxunto redondelán logrou clasificarse para as semifinais tras vencer ao Balonmán Porriño na final da Primeira Nacional, mentres que os outros tres clubs entran directamente nesta fase por ser os de máis categoría. p>As semifinais terán lugar o venres día 2, no pavillón O Rosal de Moaña, en recoñecemento ao traballo desenvolvido polo Club Balonmán Moaña co balonmán de base. A primeira semifinal enfrontará a B.M. Octavio e Construcións Paraxe Chapela as 19:30 horas, mentres que o Frigoríficos do Morrazo e o Teucro xogarán a partir das 21:15 horas. /p> p>A final celebrarase en Lalín (Pavillón Municipal de Lalín) o sábado 4 de setembro a partir das 20:00 horas e o dito partido será retransmitido pola TVG 2. Con anterioridade á gran final, terá lugar o partido polo terceiro posto, a partir das 18:00 horas. /p> p>A fase final desta terceira Copa Deputación tivo que retrasarse pola dificultade para facer coincidir os calendarios no tramo final da tempada. Por este motivo, decidiuse esperar uns meses para evitar prexudicar aos clubs implicados e que agora podan xogar con todo o seu potencial deportivo. br />  br />Esta competición é patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e organizada pola Federación Galega de Balonmán, quen agradece a aposta que a Deputación fai por este deporte. O orzamento do torneo é de 35.000 euros e os equipos recibirán un fixo de 1.100 euros por cada partido disputado. Na Copa Deputación participaron os equipos Bm. Lalín, Bm. Porriño, Bm Chapela, Gaeva 2000 Bueu At, Peguform S.A.R., Cisne, Novás, Frigoríficos do Morrazo, Academia Octavio e Teucro. /p> p>  /p> p> /font>  /p>
0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.