Federación Galega de Balonmán
22/11/2010 às 00:00

A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN PREMIARÁ AOS MELLORES DO 2010 O DÍA 10 DE DECEMBRO

A Federación Galega de Balonmán premiará aos mellores do ano 2010 o próximo día 10 de decembro, nunha gala que se celebrará no Centro Social Caixanova (20:00 horas). Entre os premiados destaca a presenza dos internacionais Pablo Cacheda (xuvenil) e Estela Doiro (júnior).

Nesta oportunidade, a Federación Galega apostou pola xente nova que ven con moita forza dende as categorías inferiores e que xa están amosando o seu magnífico nivel tanto nos seus equipos como nas convocatorias internacionais. Tanto Pablo coma Estela son incuestionables en Academia Octavio e BM Porriño, a pesar da súa curta idade. Ambos foron elixidos como o mellor xogador e xogadora do ano 2010.

No premio ao mellor clube, o xurado optou por dar un premio dobre, xa que ambos clubes teñen o mesmo mérito: O ascenso á Primeira Nacional Masculino. Os galardonados son o Seis do Nadal e o Lavadores, que remataron a tempada cun meritorio ascenso de categoría.

Unha das grandes novidades dos premios do presente ano é a denominación do premio ao mellor adestrador. Hai só uns días, o balonmán galego perdeu a unha das súas grandes figuras, o adestrador Alejandro López e na súa homenaxe a xunta directiva da Federación Galega de Balonmán decidiu dar o seu nome a este galardón que se chamará “Premio Alejandro López”. Desta forma, os primeiros (tamén en partida dobre) en recibir este premio serán José Ramón Muñoz “Jota” (adestrador do Seis do Nadal) e Roi Sánchez, seleccionador galego cadete, que logrou o título de Campión de España cadete no presente ano.

Os árbitros premiados son Martín Rodríguez Mondelo e Daniel Portela Fernández, que na tempada 2009/10 ascenderon á División de Honra Prata, mentres que a entidade premiada é Conservas Boya polo apoio prestado ao balonmán.

O premio á entidade que máis aposta pola base será para o Balonmán Pabellón de Ourense., mentres que Balonmán Porriño será premiado pola promoción do balonmán feminino. A Federación Galega elixiu como mellor dirixente do balonmán galego a Esperanza Iglesias Vilachá, presidenta do Atlético Guardés, mentres que como mellores medios de comunicación serán homenaxeados Radio Vigo e a edición do Deza da Voz de Galicia.

Ademais dos premios, tamén se concederán varias mencións especiais, e placas e medallas ao mérito, polo traballo desinteresado a prol do balonmán  galego, ademais da insignia de ouro que lle foi concedida a Jorge Valcárcel, delegado provincial de Pontevedra durante moitos anos.

 


 

Nome Tamanho Data
Ver LISTADOpremios anuais.pdf 103.87 KB 22/11/2010
0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.