Federación Galega de Balonmán
10/04/2017 às 00:00

A SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA PARTICIPA NO TORNEO HANDBALL FUTURE EN PORTUGAL DO 13 AO 15 DE

A selección galega xuvenil masculina participará no Torneo Internacional HandBall Future, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de abril en Maia (Portugal).
 
A convocatoria para este torneo conta con varias novidades con respecto ao equipo que acadou a medalla de prata no Campionato de España xuvenil. O seleccionador fixo estas modificacións para non interferir na preparación dos sectores nacionais, a petición dos propios clubs, o que lle permitirá ademais probar a novos xogadores cara ao próximo ano. 
 
Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria así coma o plan de viaxe e a autorización de pais/nais.
 

IMPORTANTE: É imprescindible que todos os rapaces leven DNI, e que antes de subir ao autobús entreguen a autorización e o formulario para viaxar ao extranxeiro co cuño da Policía Nacional ou Garda Civil.

FORMULARIO PARA VIAXAR AO EXTRANXEIRO: Os país deben acudir ao cuartel da Garda Civil ou Policía Nacional máis próximo co Formulario debidamente cumprimentado para que unha vez alí o cuñen, para realizar este trámite é imprescindible levar: DNI do pai/nai ou titor, DNI do xogador e Libro de Familia. Os rapaces deben entregar este documento ao xefe de expedición antes de subir ao autobús.

Nome Tamanho Data
Ver Convocatoria Xuvenil Masc. HandballFuture.pdf 774.12 KB 10/04/2017
Ver FORMULARIO SALIDA MENORES EXTRANXEIRO.pdf 118.13 KB 10/04/2017
Ver Calendario Handball Future.pdf 4.35 MB 10/04/2017
Ver AUTORIZACIOoN PATERNA.docx 148.94 KB 10/04/2017
Ver PLan de Viaxe HandballFuture.pdf 740.29 KB 10/04/2017
0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.