Federación Galega de Balonmán
22/05/2017 às 08:29
Cabeçalho

O Seis do Nadal, clasificado para a fase final do Campionato de España Cadete Masculino

O Seis do Nadal acadou a clasificación para  a fase final do Campionato de España cadete masculino, tras proclamarase vencedor do sector celebrado en Navas da Asunción (Segovia). O conxunto vigués logrou a primeira posición vencendo na última xornada ao conxunto infitrión, BM Navas, por 35-38.

Foi un emocionante sector xa que houbo un triple empate a catro puntos. O equipo galego venceu na primeira xornada ao BM Astillero (55-32), perdeu na segunda contra o Camping Zaratuz por un gol (24-25) e gañou na terceira e decisiva xornada por 35-38 ao BM Navas.


Pola súa banda, o BM Lalín, que organizou o sector A e xogou en casa, non tivo unha boa competición e rematou na cuarta posición con tres derrotas.


Cadete feminino. Na categoría feminina, o Carballal estivo moi preto de pasar a fase final e quedou fóra no último partido e case no último segundo. O club vigués, que gañou os dous primeiros partidos, perdeu no terceiro contra o BM Xixón, conxunto anfitrión por 27-28. Antes, as galegas gañaron ao Basauri (31-21) e Gasóleos Vallejo Fuentes Carrionas (33-23). 

No sector A, disputado en Porriño, o BM Porriño quedou terceiro clasificado cunha vitoria e dúas derrotas.

Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.