
Federación Galega de Balonmán
31/05/2017 às 18:44
O Seis do Nadal está a disputar a fase final do Campionato de España cadete masculino
O Distevi Seis do Nadal disputará do 31 de maio ao 4 de xuño a fase final do Campionato de España Cadete que se celebra en Barcelona.
O club vigués forma parte do grupo II xunto a Fútbol Club Barcelona Lassa 'A', Fútbol Club Barcelona Lassa 'B' e Cajasur Córdoba. No primeiro partido (día 31 de maio) o Seis do Nadal enfrontarase ao Barcelona Lassa ( (20:00 horas), no segundo ao Cajasur Córdoba (20:00 horas) e o terceiro, ao Barcelona Lassa (20:00 horas). Os dous primeiros de cada grupo logran o pase para as semifinais.
O conxunto vigués acadou a clasificación para a fase final ao proclamarse vencedor do sector disputado en Navas de Asunción (Segovia).
Moita sorte para os rapaces do Seis do Nadal!