Federación Galega de Balonmán
04/06/2017 às 19:09
Cabeçalho

Seis do Nadal e BM Culleredo, campións galegos de clubs alevíns e benxamíns, respectivamente

Seis do Nadal (alevín) e BM Culleredo (benxamín) proclamáronse hoxe campións galegos de clubs das súas respectivas categorías na competición celebrada en Abegondo.

Foi unha gran xornada de balonmán e convivencia entre os deportistas dos diferentes clubs, nos que primou a deportividade e o bo ambiente. Na entrega de premios estivo o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso; e os xogadores do Villa Aranda Roberto Sánchez e Víctor.

As clasificacións quedaron da seguinte forma:

Alevín

1º- Seis do Nadal (Pontevedra)

2º- Escolas Municipais Abegondo (A Coruña)

3º- Pavillón Mariñamansa (Ourense)

4º- BM Acaluba (Lugo)

Benxamín

1º- BM Culleredo Tarrio (A Coruña)

2º- BM Chapela (Pontevedra)

3º- Ribeiro Rebusca (Ourense)

4º- BM Acaluba (Lugo)

 

 

Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.