Federación Galega de Balonmán
08/06/2018 às 20:07
Cabeçalho

Guinea gañou a Galicia no amistoso do Porriño

A selección de Guinea venceu á Galicia (20-27) no partido amigable que se disputou hoxe no Porriño, cunha moi boa asistencia de público.

A selección galega absoluta foi sempre por detrás no marcador, contra un equipo ben traballado por Clement Petit e moi forte. As distancias na primeira metade chegaron aos catro tantos cos que se alcanzou o descanso. No inicio da segunda metade, as galegas lograron recurtar un pouco as distancias no marcador e estiveron a piques de poñerse a dous tantos, pero nunha acción rápida na que non acertaron en ataque e o contragolpe guineano foi gol, volveron a abrirse as distancias a catro tantos, e xa non houbo máis opcións de achegarse. Cecilia Cacheda foi a xogadora galega máis destacada.


Galicia, 20: Uxía Ferreiro, Gemma Martínez (1), Anthía Espiñeira (2), Sarai Sanmartín (1), Ceciclia Cacheda (7), Irene Sánchez, Begoña Otero, Bea Sola, Estela Doiro (1), Laura Patiño (1), Lorena Pérez, Alba Dapena (3), Sandra López (1), Laura Rúa (2) e Clara Rivas (1).

Guinea, 27: Fauta Diallo, Dievaba Sy (5), Charlene Ndzrngani (3), Bintore Diallo (2), Hawa Kante (1), Djanaba Tanajan (5), Fotoumata Diadhiou, Mariane Bangoura (2), Goundouba Gwirassy (4), Zeiria Golba (1), Djeneba Toure (4), Laetitia Saibou e Maryam Garba.

Árbitros: Sergio Estévez e Gabriel Capelo (Galicia).

Parciais: 1-2, 3-5, 5-8, 5-9, 8-12, 9-13 (descanso), 10-16, 14-17, 15-20, 16-22, 17-26, 20-27 (final).

Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.