Federación Galega de Balonmán
12/07/2018 às 21:10
Cabeçalho

Vitoria da selección galega infantil feminina no Torneo de Cangas de Narcea

Segunda xornada do Torneo Nacional Infantil de Cangas de Narcea, que se cerrou cunha vitoria da selección galega feminina e a derrota da masculina.


Feminino

Galicia, 21 - Madrid, 17

Durante os primeiros  minutos Madrid saíu moi  enchufada, fronte aos nervios e as inseguridades a flor de pel das galegas poñía o 4-1 en contra no marcador. Tralo tempo morto pedido no minuto 7, reacción do conxunto galego que fixo unha grande defensa e remontou ata chegar ao descanso 9-5.

Ao  reaunudar o partido Galicia mantivo a distancia no marcador pero en pista ambos equipos axustaban o ataque. A falta de 8  minutos para o final, Madrid poñía o empate no marcador pero outra vez Galicia volveu coller as rendas do choque para acabar cun 21-17. 

Mañá a selección galega xogará contra Canarias (13:15 horas), que tamén leva dúas vitorias no peto, polo que se disputarán a primeira posición do grupo.


Masculino

Galicia, 22 - Catalunya, 27

O partido estivo marcado pola superioridade física do equipo rival a pesar da gran intensidade defensiva do equipo galego.

O encontro comezou igualado, pero a partir do minuto 5 a selección catalá empezou a coller pequenas rendas, chegando ao descanso cun marcador de 9-13.

A segunda parte empezou ben para os galegos, cun parcial de 2-0, o que provocou un tempo morto por parte de Catalunya. Dende aí o choque estivo entre 2 e 4 goles de vantaxe para os cataláns, propiciados polas exclusións do equipo galego -un total de 4 na segunda parte-  ata acabar cun marcador de 22-27.

Mañá Galicia enfrontarase a Castela a Mancha (19:15 horas)



0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.