
VEBA OS DA JRADA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA CADETE MASCULINO
Espectacular campionato o desenvolvido por Veba os da Jrada na categoría cadete masculino que o levou a proclamarse subcampión de España, nunha final moi emocionante na que os galegos tiveron as súas opcións de gañar. Ao final, nos shoot-outs, venceu o conxunto catalán Harresi Kaigan, que logrou o título de campión de España.
Foi unha final atípica sen ningún equipo andaluz en liza, na que os galegos deron a sorpresa para plantarse na final tras unha moi boa competición. Na final, Os da Jrada gañaron no primeiro set de forma clara (15-22). O choque estaba encamiñado, pero os cataláns non estaban dispostos a marchar sen dar a cara e así lograron gañar este período cun apertado 17-16 que levou o encontro aos shoot-outs. E aquí, o Harresi Kaigan estivo máis afortunado para lograr o triunfo e o título.
Noraboa aos rapaces do Veba os da Jrada!
No documento adxunto, tedes todos os resultados do Campionato de España nas diferentes categorías.