Federación Galega de Balonmán
05/04/2019 às 09:08 · 1ª AUTONÓMICA MASCULINA
Cabeçalho

CARBALLAL E S.A.R. A POLA PRAZA ADICIONAL NA FASE DE ASCENSO A 1ª NACIONAL MASCULINA

Co Bm Culleredo xa campión da 1ª Autonómica masculina, a concesión a Galicia dunha segunda praza para o sector de ascenso á 1ª Estatal dálle unha dimensión especial ao partido que disputarán este sábado o Granitos Ibéricos Carballal e o Plastic Omnium SAR (O Loureiro, 20:30 horas). Os vigueses son segundos e defenderán esta praza diante duns redondeláns que ocupan a terceira posición e están a tan só dous puntos do seu rival.

Os técnicos de ambas escadras recoñecen que están ante unha auténtica final e os dous outórganlle o cartel de favorito ao cadro olívico. “Ao ser como unha final, poderíamos dicir que nunca hai favoritos neste tipo de partidos, pero eles teñen o factor cancha, están por diante na clasificación e teñen maior veteranía, polo que creo que a priori son favoritos, aínda que confío plenamente no meu equipo e ímosllelo poñer difícil”, asegura Diego Lorenzo, adestrador do Plastic Omnium SAR. “Creo que temos unha pequena vantaxe, tanto pola clasificación como polo feito de xogar en casa, aínda que isto último non inflúe moito en partidos a unha soa carta”, responde Fran González, estratega do Carballal.

En canto ás dinámicas dos dous conxuntos, o redondelán chega coa moral a tope, mentres que deixa máis dúbidas o vigués. O Plastic Omnium SAR descolgouse na primeira volta con dúas inesperadas derrotas ante rivais da zona baixa, pero unha fantástica segunda volta, abriulle as portas da segunda posición. “Levamos unha liña ascendente durante toda a segunda volta e o equipo está con moita moral e confianza. As sensacións son moi boas, fisicamente estamos nun gran momento e agora a ver como soportamos a presión, xa que o noso equipo ten unha media de tan só 22 anos”, analiza Lorenzo.

Pola súa banda, González confía no fortín do Loureiro. “Tivemos uns partidos un tanto irregulares, pero en casa estamos bastante fortes e só cedemos os puntos co Culleredo. Eles víanse bastante lonxe hai un mes e chegar agora coa posibilidade de meterse no sector tenlles que dar moita moral”, sinala.

Logo do 22-22 co que se pechou a primeira volta na Bomboneira, ningún técnico se atreve a dicir cal pode ser a clave que desequilibre o partido do sábado. “Temos que pelexar máis que o contrario e nosa mellor arma adoita ser nosa defensa. Por números, é a mellor de todo o campionato e é o que temos que explotar”, destaca Fran González.

Mentres tanto, Diego Lorenzo fala do compoñente emocional e de manter o seu estilo. “A batalla psicolóxica estará aí, porque eles teñen moito máis que perder ca nós. Vai ser un partido intenso e duro, dado que teñen unha defensa boa e moi forte na zona central e son un equipo moi compensado, así que intentaremos seguir coa mesma liña das últimas semanas, buscando unha defensa o máis forte posible e intentando saír rápido ao contraataque”, afirma.

Nas filas locais, González poderá botar man de todo o seu plantel, xa que regresa o pivote Dani Gómez e podería entrar tamén na lista o central Xabi Puentes, que leva 7 meses parado por una lesión de xeonllo. Mentres, no bando visitante non estará o extremo dereito xuvenil Raúl, que rompeu un dedo, e é dúbida tamén nese mesmo posto Brais, con molestias nun pé.

O pavillón do Loureiro vivirá unha auténtica festa do balonmán este sábado coa disputa da segunda xornada do sector cadete autonómico masculino e os encontros de División de Honra Prata Feminina (19:00 horas) e 1ª Autonómica (20:30 horas) entre os conxuntos do Carballal e a SAR. “Seguro que el pabellón se queda pequeño y el ambiente y la presión de nuestro público tiene que ser un factor importante para nosotros”, anticipa Fran González.


Moita Sorte!

Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.