Federación Galega de Balonmán
28/05/2019 às 17:30
Cabeçalho

Case 350 participantes na oitava edición do Viveiro de Balonmán, que se celebrará esta fin de semana

A octava edición do Viveiro de Balonmán reunirá esta fin de semana no concello de Viveiro a preto de 350 nenos e nenas chegados dende distintos puntos da xeografía galega e asturiana. Onte celebrouse a presentación do evento, coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o presidente do Balonmán Galipizza Viveiro, Enrique Villares, e o entrenador do equipo infantil e xogador do primeiro equipo vivarense, Aitor Freiría.

A competición, organizada polo clube mariñano en colaboración coa Federación Galega de Balonmán, arrancará a tarde do próximo venres, día 31 de maio ás 18.30 horas, e pecharase o domingo 2 de xuño ás 15 horas, despois de mais de 60 partidos que se disputarán entre os pavillóns Municipal, Antonio Tarrío e Vilar Ponte. Tomarán parte 26 conxuntos representando a 11 clubes, colexios ou asociacións deportivas, e nos mesmos haberá representación de tres provincias galegas –Lugo, A Coruña e Pontevedra-, así como do Principado de Asturias. 

O torneo volverá contar con equipos benxamíns e alevíns mixtos, así como de categoría infantil feminina e masculina. As finais xogaranse todas seguidas no pavillón Municipal, a partir das 11.30 horas, procedéndose despois das mesmas á entrega de trofeos.

0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.