Federación Galega de Balonmán
06/06/2019 às 18:06
Cabeçalho

PONTEAREAS ACOLLE A PARTIR DE MAÑÁ A COPA FEDERACIÓN NA CATEGORÍA INFANTIL

O municipio de Ponteareas, no seu complexo deportivo Álvaro Pino, celebra esta fin de semana a fase final da Copa Federación Infantil Feminina e Masculina.


Na sección masculina os conxuntos que loitarán por facerse coa competición son o BM Porriño, Grupo Salco Luceros, BM Cisne Mundo de Sepo e BM Culleredo.

As semifinais, que se celebrarán o día 8 de xuño, son as seguintes:

1ª Semifinal, 10:00h BM Luceros – BM Cisne

2ª Semifinal, 11:30h BM Porriño – BM Culleredo


Pola outra banda os equipos femininos que xogarán por acadar a Copa Federación son o BM Cangas, BM Porriño,  Cafetería Tato UB Lavadores e S.A.R. Ledisson.

Ao igual que as semifinais masculinas, estas celebraranse o sábado 8 de xuño.

1ª Semifinal, 13:00h BM Cangas – BM Porriño

2ª Semifinal, 13:30h UB Lavadores – S.A.R. Ledisson (Pavillón Municipal antiguo)


O domingo 9, na derradeira xornada, xogaranse ambas finais. A feminina, ás 10:30h e a masculina, ás 12:00h


Copa Cadete Masculina. Este sábado 8 de xuño (16:30 horas, As Travesas) tamén se celebrará a final da Copa Federación Cadete Masculina con Carballal e Academia Octavio como protagonistas. Nas semifinais, o Academia Octavio superou ao Cisne Colegio Los Sauces  (44-42), mentres que o Carballal gañou a Luceros El Hormiguero (40-33).


Moita sorte a tod@s!





0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.