Federación Galega de Balonmán
03/01/2011 a les 00:00
A SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA GAÑOU A ARAGÓN NA PRIMEIRA XORNADA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA
Comezou o Campionato de España xuvenil e na primeira xornada houbo boas e malas novas para os equipos galegos, A selección masculina gañou o seu primeiro enfrontamento contra Aragón (20-30), pero o feminino caeu fronte a Castela e León (32-18). Hoxe haberá novos partidos para os dous equipos e ademais tamén comezará o campionato de España cadete e infantil masculino e feminino de seleccións autonómicas en Cáceres.
O Campionato de España xuvenil comezou onte cun bo resultado para a selección galega masculina, que mañá terá que xogar contra Asturias. Pola súa banda, as rapazas deberán repoñerse á derrota de hoxe, para enfrontar o importante partido de mañá, tamén contra a selección asturiana. Información na páxina web do campionato: http://www.fcylbm.com/cesabm2011/index.asp.
Por outra banda, suliñar que comezará mañá día 4 de xaneiro o Campionato de España infantil e cadete, nas categorías masculina e feminina. O equipo galego infantil feminino comezará a competición contra Andalucía, mentres que o infantil masculino xogará contra Castela la Mancha. Na categoría cadete feminina, Galicia xogará contra Aragón e na masculina, Galicia enfrontarase a Catalunya.
O inicio do campionato poderá ser seguido a través da páxina web do campionato (www.balonmano2011.com). No primeiro día de competición, ofreceranse tres partidos:
12:00 h ANDALUCIA -CASTELA E LEON - Cadete Masculino
16:00 h GALICIA - CATALUNYA - Cadete Masculino
17:30 h MADRID - ASTURIAS - Infantil Femenino
Diariamente, tanto na revista do campionato como na propia web oficial, informarase dos horarios e partidos a retransmitir na xornada do día siguiente.
12:00 h ANDALUCIA -CASTELA E LEON - Cadete Masculino
16:00 h GALICIA - CATALUNYA - Cadete Masculino
17:30 h MADRID - ASTURIAS - Infantil Femenino
Diariamente, tanto na revista do campionato como na propia web oficial, informarase dos horarios e partidos a retransmitir na xornada do día siguiente.