Federación Galega de Balonmán
03/01/2011 aux 00:00

A SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA GAÑOU A ARAGÓN NA PRIMEIRA XORNADA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Comezou o Campionato de España xuvenil e na primeira xornada houbo boas e malas novas para os equipos galegos, A selección masculina gañou o seu primeiro enfrontamento contra Aragón (20-30), pero o feminino caeu fronte a Castela e León (32-18). Hoxe haberá novos partidos para os dous equipos e ademais tamén comezará o campionato de España cadete e infantil masculino e feminino de seleccións autonómicas en Cáceres.
 
O Campionato de España xuvenil comezou onte cun bo resultado para a selección galega masculina, que mañá terá que xogar contra Asturias. Pola súa banda, as rapazas deberán repoñerse á derrota de hoxe, para enfrontar o importante partido de mañá, tamén contra a selección asturiana. Información na páxina web do campionato: http://www.fcylbm.com/cesabm2011/index.asp.
 
Por outra banda, suliñar que comezará mañá día 4 de xaneiro o Campionato de España infantil e cadete, nas categorías masculina e feminina. O equipo galego infantil feminino comezará a competición contra Andalucía, mentres que o infantil masculino xogará contra Castela la Mancha. Na categoría cadete feminina, Galicia xogará contra Aragón e na masculina, Galicia enfrontarase a Catalunya.
 
O inicio do campionato poderá ser seguido a través da páxina web do campionato (www.balonmano2011.com). No primeiro día de competición, ofreceranse tres partidos:
12:00 h   ANDALUCIA -CASTELA E LEON - Cadete Masculino
16:00 h   GALICIA - CATALUNYA - Cadete Masculino
17:30 h   MADRID - ASTURIAS -  Infantil Femenino
Diariamente, tanto na revista do campionato como na propia web oficial, informarase dos horarios e partidos a retransmitir na xornada do día siguiente.
 
0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.