O CAMPUS JUAN DE DIOS ROMÁN, A PIQUES DE PECHAR A INSCRICIÓN
Últimas prazas no Campus Juan de Dios Román! Xa queda moi pouco para que teñamos que pechar o prazo de inscrición no campus JDR, que se celebrará do 23 ao 30 de xuño en Sanxenxo, porque as prazas están a piques de agotarse.
Recordade que este campus é para nenos e nenas das categorías benxamín (nados no ano 2009), alevín (2007 e 2008), infantil (2005 e 2006), cadete (2003 e 2004) e xuvenil (2001 e 2002). Como todos os anos contaremos con visitas destacadas, balonmán e moitas outras actividades deportivas e de ocio.
Ademais, as e os rapaces do campus terán a oportunidade de participar no Arena 1000 de balonmán praia de Bueu, que tamén terá lugar nesas mesmas datas.
Visitas confirmadas. Este ano contaremos con Nacho Moyano (adestrador do Ikasa BM Madrid), Alex Mozas (adestrador do BM Torrelavega), Milucho Pintos (adestrador nacional e profesor de ciclo superior de balonmán) e Carla Abad (adestradora do BM Cañiza e premio á mellor adestradora galega do ano 2018 - Premios MUDEGA).
El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.
Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.
Fem servir cookies per millorar la seva experiència (més informació)