Federación Galega de Balonmán
05/09/2019 at 17:06
Head

O CAMPUS JUAN DE DIOS ROMÁN, A PIQUES DE PECHAR A INSCRICIÓN

Últimas prazas no Campus Juan de Dios Román! Xa queda moi pouco para que teñamos que pechar o prazo de inscrición no campus JDR, que se celebrará do 23 ao 30 de xuño en Sanxenxo, porque as prazas están a piques de agotarse.

Recordade que este campus é para nenos e nenas das categorías benxamín (nados no ano 2009), alevín (2007 e 2008), infantil (2005 e 2006), cadete (2003 e 2004) e xuvenil (2001 e 2002). Como todos os anos contaremos con visitas destacadas, balonmán e  moitas outras actividades deportivas e de ocio.

Ademais, as e os rapaces do campus terán a oportunidade de participar no Arena 1000 de balonmán praia de Bueu, que tamén terá lugar nesas mesmas datas.
 
Visitas confirmadas. Este ano contaremos con Nacho Moyano (adestrador do Ikasa BM Madrid), Alex Mozas (adestrador do BM Torrelavega), Milucho Pintos (adestrador nacional e profesor de ciclo superior de balonmán) e Carla Abad (adestradora do BM Cañiza e premio á mellor adestradora galega do ano 2018  - Premios MUDEGA).

Non te despistes! Quedan moi poucas prazas xa!
0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.