O domingo 11, Campionato Galego de Seleccións Provinciais en Lalín
Aproximadamente 230 deportistas competirán o 11 de xuño no XIVº Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán polo título de campión galego, unha das citas máis especiais da tempada, xa que podemos gozar cos xoves talentos das categorías alevín e infantil do balonmán galego. Ademais do deporte, tamén é unha xornada de convivencia para os rapaces e para as súas familias, o que fai deste encontro unha xornada única. Outro dos encantos deste torneo é que se desenvolverá en Lalín e nun recinto emblemático, o Lalín Arena,… Veure més
VeureO día 4 de xuño, adestramento das seleccións infantís da Coruña
As seleccións infantís (masculina e feminina) de A Coruña ultiman a súa preparación para o Campionato Galego de Seleccións Provinciais, que se celebrará o próximo día 11 de xuño en Lalín. Ambas teñen sesión preparatoria o día 4 de xuño: A infantil masculina a partir das 16:30 horas no Pavillón de Almeiras (Culleredo) e a feminina a continuación (18:00 horas) no mesmo recinto. Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.
VeureOs días 27 e 28 de maio, adestramento das seleccións provinciais da Coruña infantís e alevín
Continúa a preparación das seleccións provinciais infantís (masculina e feminina) e alevín (mixta). O sábado 27 de maio (17:15 horas) adestrará a selección infantil feminina no Pavillón de Almeiras, en Culleredo. O domingo 28 de maio (18:00 horas) será a selección infantil masculina a que traballe neste mesmo pavillón de Culleredo. Pola súa banda, a selección alevín mixta adestrará o domingo 28 (17:00 horas) no Pavillón Municipal de Abegondo. Nos documentos adxuntos tedes as distintas convocatorias.
VeureAdestramento das seleccións infantís provinciais da Coruña os días 20 e 21 de maio
As seleccións provinciais da Coruña infantil masculina e feminina terán sesión de traballo esta fin de semana. A selección infantil feminina adestrará o sábado 20 de maio no pavillón de Camariñas a partir das 19:15 horas, mentres que a masculina traballará o domingo 21 no Pavillón do Colexio Liceo La Paz, da Coruña (16:30 horas). Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.
VeureO día 14 de maio, adestramento das seleccións alevín e infantil da Coruña
As seleccións provinciais da Coruña alevín mixta e infantil (masculina e feminina) terán sesión de traballo este domingo 14 de maio. A selección infantil feminina adestrará no pavillón de Galán a partir das 16:30 horas, mentres que a masculina traballará neste mesmo pavillón a partir das 18:00 horas. Pola súa banda, a selección alevín mixta traballará o domingo a partir das 17:00 horas no Pavillón de Abegondo
Veure