Federación Galega de Balonmán
08/06/2017 16:19

O domingo 11, Campionato Galego de Seleccións Provinciais en Lalín

Aproximadamente 230 deportistas competirán o 11 de xuño no XIVº Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán polo título de campión galego, unha das citas máis especiais da tempada, xa que podemos gozar cos  xoves talentos das categorías alevín e infantil do balonmán galego. Ademais do deporte, tamén é unha xornada de convivencia para os rapaces e para as súas familias, o que fai deste encontro unha xornada única. Outro dos encantos deste torneo é que se desenvolverá en Lalín e nun recinto emblemático, o Lalín Arena,… Siehe mehr

Siehe
Federación Galega de Balonmán
01/06/2017 16:20

O día 4 de xuño, adestramento das seleccións infantís da Coruña

As seleccións infantís (masculina e feminina) de A Coruña ultiman a súa preparación para o Campionato Galego de Seleccións Provinciais, que se celebrará o próximo día 11 de xuño en Lalín. Ambas teñen sesión preparatoria o día 4 de xuño: A infantil masculina a partir das 16:30 horas no Pavillón de Almeiras (Culleredo) e a feminina a continuación (18:00 horas) no mesmo recinto. Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
25/05/2017 09:07

Os días 27 e 28 de maio, adestramento das seleccións provinciais da Coruña infantís e alevín

Continúa a preparación das seleccións provinciais infantís (masculina e feminina) e alevín (mixta). O sábado 27 de maio (17:15 horas) adestrará a selección infantil feminina no Pavillón de Almeiras, en Culleredo. O domingo 28 de maio (18:00 horas) será a selección infantil masculina a que traballe neste mesmo pavillón de Culleredo. Pola súa banda, a selección alevín mixta adestrará o domingo 28 (17:00 horas) no Pavillón Municipal de Abegondo. Nos documentos adxuntos tedes as distintas convocatorias.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
19/05/2017 09:58

Adestramento das seleccións infantís provinciais da Coruña os días 20 e 21 de maio

As seleccións provinciais da Coruña infantil masculina e feminina terán sesión de traballo esta fin de semana. A selección infantil feminina adestrará o sábado 20 de maio no  pavillón de Camariñas a partir das 19:15 horas, mentres que a masculina traballará o domingo 21 no Pavillón do Colexio Liceo La Paz, da Coruña (16:30 horas). Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.  

Siehe
Federación Galega de Balonmán
11/05/2017 13:26

O día 14 de maio, adestramento das seleccións alevín e infantil da Coruña

As seleccións provinciais da Coruña alevín mixta e infantil (masculina e feminina) terán sesión de traballo este  domingo 14 de maio. A selección infantil feminina adestrará no  pavillón de Galán a partir das 16:30 horas, mentres que a masculina traballará neste mesmo pavillón a partir das 18:00 horas.  Pola súa banda, a selección alevín mixta traballará o domingo a partir das 17:00 horas no Pavillón de Abegondo

Siehe
Folgen Sie allen Informationen des Wettbewerbs auf Ihrem iPhone oder Android

Ihr Browser war nicht in der Lage, alle Ressourcen unserer Website zu laden, es ist möglich, dass sie durch eine Firewall, einen Proxy, eine Ergänzung oder die Konfiguration Ihres Browsers blockiert wurden.

Sie können versuchen, Strg + F5 oder Strg + Umschalt + R zu drücken, um Ihren Browser zu zwingen, erneut zu versuchen, sie herunterzuladen, oder, falls dies nicht funktioniert, einen anderen Browser zu benutzen oder Ihren Systemadministrator oder Internet-Provider zu kontaktieren, um dieses Problem zu lösen.