
BALONMÁN PABELLÓN OURENSE, CAMPIÓN DA COPA FEDERACIÓN XUVENIL FEMININA E DA MASCULINA DO GRUPO SUR
Fin de semana perfecto para o Balonmán Pabellón Ourense na súa categoría xuvenil. O equipo feminino logrou proclamarse campión da Copa Federación de División de Honra, mentres que o masculino logrou a vitoria na final da Copa Federación da Segunda Autonómica Grupo Sur. Esta fin de semana celebráronse en Ourense as fases finais da Copa Federación Xuvenil Feminina e Masculina, que reunían na cita aos conxuntos do Pabellón Ourense, BM Lalín, BM Porriño, Atl. Guardés e UB Lavadores. Na categoría feminina, o sábado celebrouse a semifinal… Siehe mehr
Siehe
Broche de ouro as Escolas da Deputación co Balonmán na rúa
As Escolas Deportivas da Deputación tiveron hoxe o broche de ouro coa celebración en Vigo do Día do Balonmán na Rúa, no que se reuniron preto de 2.000 asistentes nunha xornada de deporte e lecer. Ademais este ano o Mundial Júnior de Vigo e Pontevedra 2019 foi un dos protagonistas desta festa do balonmán, xa que dentro de menos de dous meses estaremos celebrando este gran evento en Galicia. Durante a duodécima edición do Balonmán na Rúa os case 150 equipos inscritos disputaron 300 partidos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín… Siehe mehr
Siehe
Cisne alevín e CP Lucense benxamín proclamáronse campións galegos de clubs
BM Cisne alevín e o CP Lucense benxamín proclamáronse o sábado 1 de xuño en Lalín campións galegos de clubs. Como todos os anos, este campionato reuniu aos mellores clubs na base do balonmán galego e viviuse no Lalín Area unha xornada deportiva e de convivencia entre nenas e nenos de toda Galicia, na que tamén estiveron presentes as súas familias. Na categoría alevín o BM Cisne logrou o título tras lograr a vitoria nos tres partidos disputados, mentres que a segunda posición foi para o BM 7 Culleredo Tarrío. O Plaza Carballiño de… Siehe mehr
Siehe
Derrota de Galicia ante Euskadi no IV Nacións
Galicia perdeu ante Euskadi, na loita polo terceiro posto no Torneo IV Nacións, que se desenvolveu esta fin de semana en Elgoibar (Euskadi). A selección catalá logrou o título ante Valencia (21-17). Na loita polo terceiro posto, as galegas caeron ante Euskadi por 33-26, un marcador non reflicte a igualdade durante todo o partido. As galaicas comezaron frías. O malgaste de forza e coraxe do día anterior fixo efecto nas galegas, que non acadaron o empate no marcador ata o minuto 15 (8-8). Terminou a primeira parte 15-14. Na segunda metade, Galicia… Siehe mehr
Siehe
A selección galega absoluta feminina perdeu na prórroga a semifinal do IV Nacións
A selección galega absoluta feminina caeu derrotada na prórroga e pola mínima ante Cataluña na primeira semifinal do Torneo IV Nacións, que se está a disputar en Elgoibar (Euskadi) esta fin de semana. As galegas tiveron un 7 metros para empatar o partido co tempo xa rematado, pero a portería catalá detivo o lanzamento (32-31). A igualdade no marcador foi a tónica do partido. Galicia comezou a primeira parte tratando da ti a ti a unha gran selección catalá. Pese a todo, na primeira parte, as galegas estiveron 2 ou 3 goles abaixo no marcador.… Siehe mehr
Siehe