Federación Galega de Balonmán
19/05/2017 11:04

O domingo 21, adestramento das seleccións alevín e infantís da provincia de Pontevedra

Este domingo 21 de maio haberá adestramento das seleccións alevín mixta e infantil masculina e feminina da provincia de Pontevedra. A selección alevín mixta adestrará o domingo 21 de maio, ás 17:00 horas, no Pavillón do Carballal. Pola súa banda, a selección infantil feminina está convocada o domingo 21 de maio (16:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a infantil masculina adestrará ese mesmo día no Pavillón de Redondela a partir das 18:00 horas.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
19/05/2017 09:58

Adestramento das seleccións infantís provinciais da Coruña os días 20 e 21 de maio

As seleccións provinciais da Coruña infantil masculina e feminina terán sesión de traballo esta fin de semana. A selección infantil feminina adestrará o sábado 20 de maio no  pavillón de Camariñas a partir das 19:15 horas, mentres que a masculina traballará o domingo 21 no Pavillón do Colexio Liceo La Paz, da Coruña (16:30 horas). Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.  

Siehe
Federación Galega de Balonmán
11/05/2017 17:36

O día 14 de maio, adestramento das seleccións alevín mixta e infantís de Pontevedra

Este domingo 14 de maio haberá adestramento das seleccións alevín mixta e infantil masculina e feminina da provincia de Pontevedra. A selección alevín mixta adestrará o domingo 14 de maio, ás 17:00 horas, no Pavillón do Carballal. Pola súa banda, a selección infantil feminina está convocada o domingo 14 de maio (16:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a infantil masculina adestrará no Pavillón de Redondela a partir das 18:30 horas.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
11/05/2017 13:26

O día 14 de maio, adestramento das seleccións alevín e infantil da Coruña

As seleccións provinciais da Coruña alevín mixta e infantil (masculina e feminina) terán sesión de traballo este  domingo 14 de maio. A selección infantil feminina adestrará no  pavillón de Galán a partir das 16:30 horas, mentres que a masculina traballará neste mesmo pavillón a partir das 18:00 horas.  Pola súa banda, a selección alevín mixta traballará o domingo a partir das 17:00 horas no Pavillón de Abegondo

Siehe
Federación Galega de Balonmán
05/05/2017 19:02

O día 7 de maio, adestramento das seleccións alevín e infantil da Coruña

As seleccións provinciais da Coruña alevín mixta e infantil (masculina e feminina) adestrarán o domingo 7 de maio en Culleredo e Arteixo. A selección alevín mixta adestrará no Pavillón de Almeiras de Culleredo a partir das 16:45 horas. Pola súa banda,a infantil masculina adestrará no  pavillón de Almeiras a partir das 18:15 horas, mentres que a feminina traballará no polideportivo de Gaián (Arteixo). 

Siehe
Folgen Sie allen Informationen des Wettbewerbs auf Ihrem iPhone oder Android

Ihr Browser war nicht in der Lage, alle Ressourcen unserer Website zu laden, es ist möglich, dass sie durch eine Firewall, einen Proxy, eine Ergänzung oder die Konfiguration Ihres Browsers blockiert wurden.

Sie können versuchen, Strg + F5 oder Strg + Umschalt + R zu drücken, um Ihren Browser zu zwingen, erneut zu versuchen, sie herunterzuladen, oder, falls dies nicht funktioniert, einen anderen Browser zu benutzen oder Ihren Systemadministrator oder Internet-Provider zu kontaktieren, um dieses Problem zu lösen.