

Víctor Rodríguez, na convocatoria definitiva da selección española de balonmán praia para o Europeo
O vigués Víctor Rodríguez (BM Painkillers) disputará coa selección española o Europeo de Balonmán Praia, que se celebrará do 20 ao 25 de xuño. O galego fixo unha concentración previa en Torrox (Málaga), trala cual o seleccionador Jaime Osborne deu a coñecer a convocatoria definitiva, na que aparece Víctor. Noraboa!
Look

A galega Paola González, delegada da EHF na final masculina do Campionato de Europa de Clubs de Balonmán Praia
A galega Paola González foi a delegada federativa da EHF na final masculina do Campionato de Europa de Clubs de Balonmán Praia (EBT Finals 2017), que se celebrou a pasada semana en Gaeta (Italia). A nosa delegada amosaba a súa satisfacción polo traballo desenvolvido neste importante torneo no que ademais foi a única delegada española." A verdade é que estou moi contenta porque recibín moitas felicitacións e a experiencia de representar a España nunha final foi incríble". Ademais a Paola tamén lle asignaron a semifinal feminina, na que… See more
Look

O xoves 1 de xuño, presentación do Campionato Galego de Balonmán Praia 2017
O xoves 1 de xuño (20:30 horas) celebrarase a presentación do VII Campionato Galego de Balonmán Praia, que se disputará este verán. No acto de presentación, que se celebrará no salón de actos da Casa do Deporte de Vigo, darase a coñecer toda a información sobre o devandito campionato. Nos archivos adxuntos tedes os documentos a cumplimentar para realizar a inscrición no Campionato Galego de Balonmán Praia 2017, así coma o número de conta para o ingreso do seguro deportivo. A cota do seguro segue sendo a mesma ca do pasado ano (12… See more
Look

Curso de árbitro de balonmán praia en Vigo
Os próximos días 30 e 31 de maio e 1 de xuño celebrarase en Vigo un curso de árbitro de balonmán praia, unha especialidade que medra día a día. O curso será realizado na Casa do Deporte de Vigo (R./ Luis Ksado, 17) de 16 a 21 horas. Todas as persoas interesadas poden contactar coa Escola Galega de Árbitros no seguinte correo electrónico [email protected]
Look

O galego Víctor Rodríguez, na convocatoria da selección española de balonmán praia
O vigués Víctor Rodríguez (BM Painkillers) foi convocado polo seleccionador nacional Jaime Osborne para a concentración que realizará a selección nacional de balonmán praia do 5 ao 9 de xuño en Torrox (Málaga). Esta concentración é moi importante, xa que ao remate da mesma o seleccionador dará a coñecer os nomes dos dez integrantes da selección que disputará o Campionato de Europa en Zagreb (Croacia) do 20 ao 25 de xuño. Na fase preliminar España xogará contra Rusia, Dinamarca, Holanda, Polonia, Alemaña e Hungría. No documento… See more
Look