Federación Galega de Balonmán
08/06/2017 a las 08:19
Cabecera

Carmen Prelchi, convocada para a disputa do Campionato de Europa Júnior

A xogadora do Seis do Nadal, Carmen Prelchi, segue a darnos magníficas noticias. O seleccionador español júnior, Jorge Dueñas, acaba de convocala para a disputa do Campionato de Europa da categoría, que se disputará en Eslovenia a partires do 27 de xullo. Con anterioridade, a selección española realizará unha concentración e tamén competirá no Torneo Corine Chabannes. Así, á nosa deportista terá un verán de moito traballo e moitas emocións.

A primeira concentracion comezará o día 23 de xuño en Bilbao, onde o equipo estará adestrando atra o día 28. Posteriormente, a selección española voltará a concentrarse o 6 de xullo para a disputa do Torneo Corine Chabannes, que se celebrará en Francia e no que España terá que enfrontarse a Rusia, Romanía e Francia. O regreso está previsto para o día 17 de xullo.

Finalmente, o día 23 de xullo o equipo nacional volverá a reunirse en Madrid para a concentración previa á disputa do Europeo, que se celebrará en Eslovenia entre os días 27 de xullo e 6 de agosto. 


No documento adxunto, tedes todo o plan de traballo así coma a convocatoria de Dueñas.



Nombre Tamaño Fecha
Ver Seleccion junior 407,63 KB 08/06/2017
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.