
Carmen Prelchi, convocada para a disputa do Campionato de Europa Júnior
A xogadora do Seis do Nadal, Carmen Prelchi, segue a darnos magníficas noticias. O seleccionador español júnior, Jorge Dueñas, acaba de convocala para a disputa do Campionato de Europa da categoría, que se disputará en Eslovenia a partires do 27 de xullo. Con anterioridade, a selección española realizará unha concentración e tamén competirá no Torneo Corine Chabannes. Así, á nosa deportista terá un verán de moito traballo e moitas emocións.
A primeira concentracion comezará o día 23 de xuño en Bilbao, onde o equipo estará adestrando atra o día 28. Posteriormente, a selección española voltará a concentrarse o 6 de xullo para a disputa do Torneo Corine Chabannes, que se celebrará en Francia e no que España terá que enfrontarse a Rusia, Romanía e Francia. O regreso está previsto para o día 17 de xullo.
Finalmente, o día 23 de xullo o equipo nacional volverá a reunirse en Madrid para a concentración previa á disputa do Europeo, que se celebrará en Eslovenia entre os días 27 de xullo e 6 de agosto.
No documento adxunto, tedes todo o plan de traballo así coma a convocatoria de Dueñas.