AITANA SANTOMÉ DISPUTARÁ O TORNEO CATRO NACIÓNS E O CAMPIONATO DE EUROPA COAS GUERREIRAS JUNIOR
Aitana Santomé xogadora do Bm Porriño, forma parte da lista definitiva das Guerreiras Junior que disputarán este verán o Torneo Catro Nacións en Portugal e o Campionato de Europa en Hungría. Antes das citas, o conxunto nacional, realizará unha serie de adestramentos no Pavillón Exterior CSD de Madrid, e no Pavillón Municipal David Santamaría de Guadalaxara. A disputa do torneo terá lugar no Portimao Area de Portugal os días 5, 6 e 7 de xullo, e pola outra banda a cita europea en Györ (Hungría) celebrarase do 11 ao 21 de xullo. Un… Ver más
VerROBERTO CASTRO PARTICIPARÁ NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA RFEBM
Roberto Castro, do Balonmán Porriño, foi convocado pola área técnica da Real Federación Española de Balonmán, para participar nas xornadas de tecnificación de xogadores nados no ano 2005. Os xogadores deberán presentarse na Estación de Atocha o día 13 de xullo (ás 13:00 horas) e dende aí partirán en autobús cara a Burgos, onde se celebrará a concentración ata o día 18 de xullo na Residencia Universitaria Camino de Santiago. Moita sorte Roberto!
VerBALONMÁN PABELLÓN OURENSE, CAMPIÓN DA COPA FEDERACIÓN XUVENIL FEMININA E DA MASCULINA DO GRUPO SUR
Fin de semana perfecto para o Balonmán Pabellón Ourense na súa categoría xuvenil. O equipo feminino logrou proclamarse campión da Copa Federación de División de Honra, mentres que o masculino logrou a vitoria na final da Copa Federación da Segunda Autonómica Grupo Sur. Esta fin de semana celebráronse en Ourense as fases finais da Copa Federación Xuvenil Feminina e Masculina, que reunían na cita aos conxuntos do Pabellón Ourense, BM Lalín, BM Porriño, Atl. Guardés e UB Lavadores. Na categoría feminina, o sábado celebrouse a semifinal… Ver más
VerHOXE DAN COMEZO OS SECTORES ESTATÁIS INFANTÍS, CO AD CARBALLAL FEMININO COMO ÚNICO ANFITRIÓN GALEGO
Os días 23, 24, 25 e 26 de Maio os representantes galegos na categoría infantil, loitarán por facerse un oco entre os oito mellores conxuntos de España. Na categoría feminina poderemos gozar dun dos sectores con presenza galega na casa. O Sector A organizado pola AD Carballal, como campioa galega, estará dividido en dous grupos. As anfitrioas, encadradas no grupo I, enfrontarase ao CD Vallecas e ao Uribe Urduliz E. O Grupo II estará formado polo BM Zamora ademais do Oviedo BF CTD. O Domingo os campións de cada grupo xogarán entre sí… Ver más
Ver