Federación Galega de Balonmán
28/10/2010 aux 00:00

ESTA FIN DE SEMANA DISPUTARANSE OS CUARTOS DE FINAL DA COPA GALICIA MASCULINA

A Copa Galicia masculina celebrará esta fin de semana os cuartos de final, coa incorporación dos clubs que disputan a División de Honra Prata (Academia Octavio, Frigoríficos do Morrazo e Teucro).

Nos oitavos de final acadaron a súa clasificación o Seis do Nadal, ao superar ao Novás por un contundente 34-25; o Chapela tras gañar ao Calfoncal Lavadores (30-32); o Lalín coa victoria sobre o Porriño (23-26): o Calvo Xiria que deixou atrás ao OAR (36-33) e o Peguform SAR que eliminou ao BM Cisne (30-32).

Os cuartos de final da Copa Galicia terán lugar entre mañá e pasado, aproveitando o parón liguero polo calendario internacional. O Academia Octavio enfrontarase ao Peguform SAR no pavillón de Redondela mañá día 29 de outubro a partir das 20:45 horas.

E tamén mañá disputarase dous partidos máis dos cuartos. O Lalín-Teucro (21:00 horas) celebrarase no Lalín Arena, que foi inaugurado onte dunha forma espectacular, coa presenza da selección española que logrou un cheo ata a bandeira, con máis de 3.000 persoas nas gradas. O terceiro choque de mañá celebrarase en Coia e enfrontará ao Seis do Nadal e o Chapela a partires das 21.15 horas. Para o sábado 30, so quedará o partido Calvo Xiria-Frigoríficos do Morrazo, que se disputará no Pavillón Vila de Noia a partires das 19:00 horas.

Para a disputa das semifinais e a final haberá que esperar ata comezos do ano 2011, no que coñeceremos ao gañador da Copa Galicia da presente tempada.


 

0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.