

A Supercopa feminina, co Guardés, celebrarase en Vigo o día 2 de setembro
Vigo acollerá o día 2 de setembro a XVIII Supercopa de España feminina, na que o Mecalia Atlético Guardés debutará como presente campión de Liga. Este título decidirase entre o último gañador da liga Loterías de Balonmán Feminino, o Mecalia Atlético Guardés, e o Rocasa Gran Canaria ACE, conquistador da XXXVIII Copa de S. M. a Raíña en Porriño. Con este partido comeza a tempada 2017/2018, que pon en liza o primeiro título da campaña no panorama feminino español, e que acolle o Complexo Deportivo das Travesas de Vigo o 2 de setembro,… Voir plus
Voir

Todo o balonmán galego pendente do Atlético Guardés e do Frigoríficos do Morrazo
Fin de semana histórica para o balonmán galego. O Atlético Guardés pode acadar o título da División de Honra Feminina por primeira vez na súa historia, nunha cita que se celebrará o sábado 27 de maio (19:00 horas) no Pavillón da Sangriña ante o Granollers. O equipo galego necesita un punto para acadar o título sen necesidade de estar pendente do que faga o Bera Bera. Enfronte estará o Granollers, un equipo moi duro que fixo sufrir as rapazas de José Ignacio Prades no partido de cuartos de final da Copa do Rei disputado en Porriño,… Voir plus
Voir