

O Mecalia Atlético Guardés, campión de Liga feminina
O Mecalia Atlético Guardés escribiu hoxe unha páxina de ouro na historia do balonmán galego ao lograr o título da Liga Loterías de Balonmán Feminino. As guardesas, co pavillón da Sangriña cheo dende unha hora antes, lograron a vitoria contra o KH-t Granollers, nun partido que estivo moi axustado na primeira metade, pero que as galegas lograron romper nos primeiros dez minutos da segunda parte. Así, na Sangriña houbo minutos para todas as xogadoras, festa na grada, moita emoción, bagoas e delicia ao lograr o primeiro título da historia… Voir plus
Voir

Todo o balonmán galego pendente do Atlético Guardés e do Frigoríficos do Morrazo
Fin de semana histórica para o balonmán galego. O Atlético Guardés pode acadar o título da División de Honra Feminina por primeira vez na súa historia, nunha cita que se celebrará o sábado 27 de maio (19:00 horas) no Pavillón da Sangriña ante o Granollers. O equipo galego necesita un punto para acadar o título sen necesidade de estar pendente do que faga o Bera Bera. Enfronte estará o Granollers, un equipo moi duro que fixo sufrir as rapazas de José Ignacio Prades no partido de cuartos de final da Copa do Rei disputado en Porriño,… Voir plus
Voir