Federación Galega de Balonmán
28/10/2010 alle 00:00
Testa

ESPAÑA, CUN GRAN TRABALLO DEFENSIVO, GOLEA A LITUANIA NUN LALÍN ARENA CHEO ATA A BANDEIRA

O equipo nacional absoluto masculino logrou na noite do mércores 27 de outubro a primeira vitoria da fase de clasificación do Campionato de Europa 2012, tras impoñerse a Lituania por 33:17 (17:5 ao descanso).
 
Nun Lalín Arena a rebentar con máis de 3.000 espectadores abarrotando as bancadas e todos os corredores da instalación, que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto López Feijoo, quen inaugurou o complexo deportivo en compañía do alcalde da localidade do Dezo, José Crespo e o presidente da R.F.E.BM., Juan de Dios Román, a selección española deuse unha homenaxe cun cómodo triunfo cimentado nunha espectacular defensa.

Os primeiros compases serviron para coller o tren da competición, e cun 6:0 moi profundo e Hombrados resolvendo baixo paus (7 paradas na primeira metade, unha delas dende os 7 metros), España fíxose forte atrás.

Iker Romero asumiu os galóns da selección, desbordando compases da calidade que sempre lle precedeu, o que sumado ás dúas superioridades consecutivas en ataque e o traballo atrás, serviu para adquirir unha notable vantaxe (9:3 no 17), obrigando o técnico lituano Arturas Juskenas a solicitar un tempo morto.

Lonxe de cortar a sangría, un parcial de 4:0 para España que baseaba o xogo na intensidade defensiva, o que levaba consigo roubos de balón que desencadeaba en rápidos contraataques, rompeu definitivamente o partido ,marchándose ao descanso 12 arriba (17:5) anulando o minguado potencial ofensivo dunha Lituania que parecía non saber como parar o ciclón español.

En plena festa nas bancadas do Lalín Arena, o descanso serviu para que Valero dese entrada ao único internacional que aínda non xogara, Serra, que realizou trinta minutos de mérito con 7 paradas.

Con todo sentenciado, o xogo entrou nun intercambio que languidecía o espectáculo ata que, un novo aire defensivo volvía proporcionar outro parcial de 4:0 para colocarse 30:11 a 8 minutos para o final, momento que aproveitaron os Maqueda, García Parrondo, Cañellas ou Entrerríos para completar as estatísticas.

Antonio García, debutante no día de hoxe, non esquecerá o minuto 45 do choque no que anotou o primeiro gol co equipo nacional.

De aí ao final, festa entre a afección e a pensar no partido do domingo en Romanía, que a bo seguro pouco terá que ver co vivido en Lalín.

Ficha técnica

 

España. 33 (17+16): Hombrados, García Parrondo (4,1p), Gurbindo (2), Garabaya (2), Viran Morros (1), Iker Romero (5,1p) e Juanín García -equipo titular- Serra (ps), Julen Aguinalgade (3), Malmagro (3), Chema Rodríguez, Raúl Entrerríos (3), Cristian Ugalde (3), Maqueda (3), Cañellas (3,2p) e Antonio García (1).
 
Lituania. 17 (5+12): Vaskevicius, Rackauskas (1), Andriuska (2), Malasinska (2), Cepulis (2), Cibulskis (2) e Sabonis (1) -equipo titular- Strazdas (1), Grosas (3p), Bernatonis, Zigelis, Stankevicius e Svedas (3).

Parciais cada 5': 2:1 - 4:1 - 7:3 - 11:3 - 13:4 - 17:5 (descanso) 20:7 - 23:9 - 25:9 - 28:11 - 32:14 - 33:17

Árbitros: Michal Badura e J. Ondogrecula (SVK). Excluíron a Garabaya, García Parrondo e Maqueda por parte de España, e a Cibulskis, Andriuska, Strazdas e Cepulis por parte de Lituania.

Incidencias: Lalín Arena. 3.000 espectadores. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, xunto ao alcalde de Lalín, José Crespo, o seu concelleiro de Deportes, Nicolas Valera, e o presidente da R.F.E.BM., Juan de Dios Román, procederon á inauguración da instalación nos prolegómenos do partido.

 
 
0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.