CARBALLAL ACOLLERÁ A FASE FINAL ESTATAL XUVENIL FEMININA
O Pavillón do Loureiro en Vigo acollerá a fase final estatal da categoría xuvenil feminina do 1 ao 5 de maio. Vigo, co AD Carballal como organizador, será por primeira vez sede do mellor balonmán da categoría, onde as do Carballal buscarán coroarse como campioas de España.
Tralo sorteo celebrado pola RFEBM os grupos quedan conformados así:
GRUPO I
- Gasóleos Vallejo Fuentes Carrionas
- Calfrima Carballal
- Avannubo La Roca
- Balonmano Sanse
GRUPO II
- Maravillas Benalmádena
- AD. La Jota
- Malkaitz Eskubaloia
- Elche Grupo Assa
Moita sorte ás nosas representantes!