CANGAS E PONTEVEDRA ACOLLEN AS FASES FINAIS GALEGAS INFANTíS
Esta fin de semana O Pavillón do Gatañal e do C.I. Príncipe Felipe serán testigos das fases finais infantís das que sairán os segundos clasificados galegos para disputar os sectores estatais. A fase final da categoría feminina, organizada polo BM Cangas, enfrontará ao equipo anfitrión, UB Lavadores, BM Lalín e S.A.R. A continuación tedes o calendario de competición. VENRES 26 18:30h. Cafetería Tato UB Lavadores - Coreti Lalín 20:15h. BM Cangas - S.A.R. Ledisson SÁBADO 27 10:30h. Cafetería Tato UB Lavadores - S.A.R. Ledisson 12:15h.… Vedi di piú
VedereAD CARBALLAL, BM LALÍN E BM PORRIÑO BUSCARÁN A CLASIFICACIÓN PARA A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO
Chegou o momento da verdade para AD Carballal, BM Lalín e BM Porriño xuvenil feminino. Carballal e Lalín xogarán os seus sectores nacionais como locais, mentres o BM Porriño viaxará ata Ciudad Real. O obxectivo: Clasificarse para a fase final do Campionato de España, onde só estarán os oito mellores equipos (pasa o primeiro de cada grupo). O Pavillón do Loureiro acolle o Sector A onde a AD Carballal enfrontarase como primeiro clasificado galego ao BM Rocasa canario, ao IKASA BM madrileño e ao ED. BM Calamonte extremeño. Por outra banda… Vedi di piú
VedereCARME CASTRO, CONVOCADA POLA SELECCIÓN NACIONAL XUVENIL
A xogadora do BM Porriño Carme Castro foi convocada de urxencia para participar na concentración que a selección nacional xuvenil feminina celebrará nos próximos días en Béjar (Salamanca). Nesta convocatoria Galicia conta con dúas xogadoras, xa que tamén aparece na lista Adriana Mallo (AD Carballal). Durante a concentración, que se celebrará do 17 ao 24 de marzo, as Guerreiras xuvenís disputarán dous partidos amistosos contra Portugal (días 21 e 23 de marzo), que se celebrarán no Pavillón Municipal de Béjar. O obxectivo fundamental… Vedi di piú
VedereANALIZAMOS A DH CADETE FEMININA, A MÁIS IGUALADA EN TEMPOS
Este ano, a diferencia da tempada pasada, a División de Honra Cadete feminina desenvolveuse cun Play Off previo e a continuación cunha liga regular a dobre partido entre todos os equipos. A falta de tres xornadas, a Liga atopábase coa AD Carballal Campioa Galega e con catro conxuntos loitando pola segunda praza para acceder aos sectores nacionais. Analizamos en profundidade o encontro celebrado esta mañá entre o BM Cangas e o BM Porriño, un partido clave para seguir na loita pola segunda praza das locais e para afianzarse nela as visitantes. Falamos… Vedi di piú
Vedere