YAIZA ALONSO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS PROMESAS
Yaiza Alonso (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada coa selección española promesa para a disputa dun triple encontro contra a selección de Romania. A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Pablo Perea para unha cita que terá lugar en Valladolid e Bucarest do 30 de xuño ao 8 de xullo. Antes de viaxar ata Bucarest e xogar os respectivos partidos contra a selección rumana, as Guerreiras Promesas realizarán unhas xornadas de preparación na Residencia Xuvenil e Deportiva… Vedi di piú
VedereGRAN PECHE DE TEMPADA PARA O BALONMÁN OURENSÁN
O balonmán ourensán disputou as finais da Copa Deputación, comezando pola mañá co turno para os prebenxamíns, benxamins e alevins, que se deron cita no pavilllón O Consello para demostrar que o futuro está garantizado. No pavillón de Maquiáns os infantís femininos e masculinos amosaron o seu gran nivel disfrutando tamén de grandes partidos. Estas foron as clasificacións finais dunha mañá de balonmán de calidade e convivencia entre o futuro ourensán de noso deporte: PREBENXAMIN MIXTO 1° BM VC Ribeiro REBUSCA 46 "A" 2° BM… Vedi di piú
VedereOS DÍAS 7 E 8 DE XUÑO, CURSO DE ÁRBITR@S PARA BM PRAIA EN VIGO
A Casa do Deporte en Vigo acollerá os días 7 e 8 de xuño un curso de formación para árbitras e árbitros no eido do Balonmán Praia. As inscripcións deberanse realizar no seguinte enderezo: [email protected] e cun prezo de 20€. Faráselle entrega aos participantes dun regulamento acompañado dunha tarxeta, silbato, camiseta e gorra. Podes inscribirte ata o día 4 de xuño. Os horarios de impartición do curso serán: 7 de xuño - 16:00 a 21:00h 8 de xuño - 9:30 a 14:30 e 16:00 a 21:00h Animádevos!
VedereAD CARBALLAL INFANTIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA
Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, seguindo a estela do conxunto xuvenil, clasificarse para a fase final do campionato de España infantil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este xoves cunha doada vitoria fronte ao Centro Deportivo Vallecas. Tras a xornada de descanso na primeira fase do grupo I, o sábado, as galegas acadaban o pase á final do domingo cun contundente 27:18 fronte ao Uribe Urduliz Eskubaloia. Onte, co Pavillón do Loureiro como testemuña, as anfitrioas convertíanse… Vedi di piú
VedereESTA FIN DE SEMANA, PORRIÑO COMO ANFITRIÓN E MOAÑA BUSCARÁN UN OCO NA DIVISIÓN DE HONRA PRATA FEMININA
Os días 10, 11 e 12 de maio celébranse as fases de ascenso estatáis a segunda máxima categoría do balonmán feminino español, co BM Porriño e BM Moaña como clubs galegos protagonistas. O BM Porriño, organizador do Sector A, despois de rexeitar varios anos acudir á cita, toma a decisión de poñer aos seus dous conxuntos sénior ao máis alto nivel do balonmán feminino. Unha plantilla que conta con xente que xa debutou con minutos na Liga Guerreras Iberdrola. As porriñesas deberán superar ao Balonmán Zamora, EDM Aceuchal e ao KTM… Vedi di piú
Vedere