Federación Galega de Balonmán
25/03/2019 20:47

A USC E A FGBM ORGANIZAN UN CURSO DE ÁRBITROS EN SANTIAGO

O Curso de Árbitros que se vai celebrar en Santiago de Compostela, organizado pola Universidade de Santiago e a Federación Galega de Balonmán, cambia de datas. A formación, que se celebrará na sala multiusos do Pavillón Universitario de Santiago, terá un custe de 40€, mentres que os estudantes da USC contarán un desconto do 50%. O curso celebrarase do 8 de abril ao 15 de maio (exceptuando os días 15 e 17 de abril e 1 de maio, por festividade)  todos os luns e mércores (de 20 a 23 horas) O exame será o luns 20 de maio. Se queres iniciarte… Vedi di piú

Vedere
1 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
14/03/2019 19:57

TRES GALEGAS, NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA XERACIÓN 2004/05

Tres xogadoras galegas participarán nas xornadas de tecnificación que se celebrarán do 13 ao 19 de abril en Iscar (Valladolid). As protagonistas son Lucía Villamarín (AD Carballal), Itziar Molinos (UB Lavadores) e Yaiza Alonso (AD Carballal), que terán que incorporarase á concentración o día 13 de abril na Estación de Atocha de Madrid, dende onde partirán en autobús en dirección a Iscar. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Vedere
Federación Galega de Balonmán
11/03/2019 18:39

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS SEDES DOS SECTORES ESTATAIS

A Federación Española de Balonmán informa sobre a apertura do prazo de solicitude das sedes dos sectores estatais, para que todos os clubs interesados en solicitar a concesión das mesmas podan realizalo nos prazos establecidos. Nos documentos adxuntos tedes a carta enviada pola Federación Española explicando o proceso, así como o impreso de solicitude de sede e a información de cales son os sectores a celebrar e a contía económica dos mesmos.

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
07/03/2019 13:07

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO II TORNEO INTERNACIONAL DE PAREDES

O II Torneo Internacional da Cidade de Paredes (Portugal), que se celebrará do 3 ao 7 de xullo, comeza a dar os seus primeiros pasos, coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, que enviará a 30 árbitros galegos para participar neste evento. O prazo de inscrición, que xa está aberto, pecharase o 26 de xuño. Este torneo, organizado polo Clube Andebol Baltar - CRD e o Concello de Paredes, ten o obxectivo de reunir a 235 equipos e 3.500 deportistas, que xogarán 600 partidos en só cinco días de competición en 15 pavillóns. O torneo… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
04/03/2019 11:30 · DIVISIÓN HONRA CADETE FEMININO, DIVISIÓN HONRA INFANTIL FEMININO

A AD CARBALLAL, CAMPIOA GALEGA INFANTIL E CADETE FEMININA

Esta pasada fin de semana os equipos infantil e cadete da AD Carballal acadaban matematicamente o liderado das dúas ligas de división de honra e a clasificación para os sectores nacionais. O conxunto infantil “A” selaba ante o BM Xiria cun resultado de 33 goles fronte a 17 das súas rivais, un fin de semana cargado de emocións. Con 36 puntos e a falta de tres xornadas as pequenas do club vigués proclámanse Campioas Galegas nesta tempada 2018/2019. Seguindo a mesma estela as xogadoras da categoría superior, o cadete feminino, que cunha… Vedi di piú

Vedere
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.