Os galegos Juan Lago e Carlos Álvarez, convocados cos Hispanos Promesas para o Europeo Open
Os galegos Juan Enrique Lago (BM Lalín) e Carlos Álvarez (Cisne) foron convocados polo seleccionador Francisco Martí para disputar cos Hispanos Promesas o Campionato de Europa Open, que se celebrará do 1 ao 5 de xullo en Suecia. Para preparar este Europeo, a selección española concentrarase do día 27 ao 29 de xuño en Guadalaxara. O día 30 viaxarán a Göteborg, para a disputa da fase de grupos, na que se enfrontarán a seleccións como Noruega, Xeorxia, Israel, Estonia e Illas Feroe. No documento adxunto tedes a convocatoria e plan de traballo. Noraboa… Vedi di piú
VedereMAÑÁ COMEZA EN VIGO A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL FEMININO, COA AD CARBALLAL COMO ANFITRIOA
O Pavillón das Travesas, en Vigo, acollerá do 5 ao 9 de xuño a fase final do Campionato de España na categoría infantil feminina. A cita reúne aos 8 mellores conxuntos da categoría, que loitarán polo título de campioas de España por clubs. Os tres primeiros días de competición disputarase a fase de grupos. Os dous primeiros clasificados de cada grupo accederán ás semifinais. GRUPO I BM Huarte, Smurtfit Kappa Córdoba BM, Hand Vall “A” e Handbol Sant Joan Despí “A”. GRUPO II Faro de Vigo AD Carballal, HBC’74 Construcciones… Vedi di piú
VedereAitana Santomé, convocada para a disputa do Europeo Júnior en Hungría
Aitana Santomé (BM Porriño) forma parte da convocatoria definitiva da selección española júnior feminina para a disputa do Campionato de Europa en Györ (Hungría) do 11 ao 21 de xullo. No mes de marzo Aitana foi convocada por vez primeira por Imanol Álvarez no grupo de 16 e xa entón soñaba coa posibilidade de ir ao Europeo, E agora, co seu traballo, o soño é unha realidade. A galega está na lista definitiva para o Europeo e a súa preparación previa. Así, o grupo está convocado o día 27 de xuño en Madrid. O combinado español… Vedi di piú
VedereBALONMÁN PABELLÓN OURENSE, CAMPIÓN DA COPA FEDERACIÓN XUVENIL FEMININA E DA MASCULINA DO GRUPO SUR
Fin de semana perfecto para o Balonmán Pabellón Ourense na súa categoría xuvenil. O equipo feminino logrou proclamarse campión da Copa Federación de División de Honra, mentres que o masculino logrou a vitoria na final da Copa Federación da Segunda Autonómica Grupo Sur. Esta fin de semana celebráronse en Ourense as fases finais da Copa Federación Xuvenil Feminina e Masculina, que reunían na cita aos conxuntos do Pabellón Ourense, BM Lalín, BM Porriño, Atl. Guardés e UB Lavadores. Na categoría feminina, o sábado celebrouse a semifinal… Vedi di piú
Vedere