![](https://cdn.leverade.com/thumbnails/OaEQBW3yGkKg.60x60.jpg)
Federación Galega de Balonmán
23/04/2017 an 00:00
XA ESTÁN Á VENDA AS LOCALIDADES PARA A COPA DA RAÍÑA 2017
Xa están a venda as localidades para a Copa da Raíña, que se celebrará no Porriño entre os días 29 de abril e 1 de maio coa participación dos conxuntos galegos BM Porriño e Atlético Guardés.
Podedes mercar as entradas a través deste Marca Entradas ou ben na sede da Federación Galega de Balonmán (de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas) e nas oficinas do Balonmán Porriño (de 18:00 a 22.00 horas, de luns a venres e os sábados durante os partidos).
Os prezos das localidades son os seguintes:
Xornada sábado 29 de abril matinal (Partido KH-7 Granollers-Mecalia Atlético Guardés): 5,00 €
Xornada sábado 29 de abril tarde: (3 partidos): 10,00 €
Xornada domingo 30 de abril tarde - Semifinales (2 partidos): 15,00 €
Xornada luns mañá - Final:15,00 €
Abono para os sete partidos: 30,00 €
Menores de 14 años: Entrada gratuita.
* No caso da venda electrónica hai custes de distribución
Os horarios dos partidos son os seguintes:
CALENDARIO COMPETICIÓN COPA RAÍÑA 2017 | ||
29 de abril | 12:30 horas | KH-7 Granollers : Mecalia Atlético Guardés |
29 de abril | 16:00 horas | Super Amara Bera Bera : Elche Mustang |
29 de abril | 18:15 horas | Rocasa Gran Canaria ACE : Rincón Fertilidad Málaga |
29 de abril | 20:30 horas | Helvetia Alcobendas : Godoy Maceira Porriño |
30 de abril | 16:00 horas | Semifinal 1 |
30 de abril | 18:30 horas | Semifinal 2 |
1 de maio | 13:00 horas | Final |