A AD CARBALLAL, CAMPIOA GALEGA INFANTIL E CADETE FEMININA
Esta pasada fin de semana os equipos infantil e cadete da AD Carballal acadaban matematicamente o liderado das dúas ligas de división de honra e a clasificación para os sectores nacionais.
O conxunto infantil “A” selaba ante o BM Xiria cun resultado de 33 goles fronte a 17 das súas rivais, un fin de semana cargado de emocións. Con 36 puntos e a falta de tres xornadas as pequenas do club vigués proclámanse Campioas Galegas nesta tempada 2018/2019.
Seguindo a mesma estela as xogadoras da categoría superior, o cadete feminino, que cunha vitoria sobre o Pabellón Ourense con resultado 33-18 tamén obtiñan o título de liga. Unha liga que está máis emocionante que nunca, só as campioas con 36 puntos teñen a praza asegurada no sector nacional, mais a falta de tres xornadas o mesmo que na categoría infantil, son catro os equipos que poderían conseguir a praza que resta.
NORABOA RAPAZAS, SODES CAMPIOAS GALEGAS!