Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 an 10:07
AD CARBALLAL INFANTIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA
Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, seguindo a estela do conxunto xuvenil, clasificarse para a fase final do campionato de España infantil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría.
Comezaban este xoves cunha doada vitoria fronte ao Centro Deportivo Vallecas. Tras a xornada de descanso na primeira fase do grupo I, o sábado, as galegas acadaban o pase á final do domingo cun contundente 27:18 fronte ao Uribe Urduliz Eskubaloia.
Onte, co Pavillón do Loureiro como testemuña, as anfitrioas convertíanse en campioas do sector A superando ao Oviedo Balonmano Feminino por 5 tantos.
Noraboa rapazas, corpo técnico e club!
A polo Campionato de España, estamos con vós!