A selección galega feminina absoluta xogará esta fin de semana contra República Dominicana en Mos
A selección galega feminina absoluta xogará esta fin de semana (7 e 8 de xullo) contra a selección da República Dominicana en Mos (Pavillóns Óscar Pereiro, 11:30 horas). A selección de República Dominicana está concentrada en Galicia dende o pasado día 30 de xuño e estes días xogou tres partidos amigables contra o BM Porriño. Agora esta fin de semana xogará dous encontros contra a selección galega e o próximo día 11 de xullo enfrontaranse novamente a Galicia en Lalín. No documento adxunto tedes a convocatoria.
SieheCONVOCATORIAS DAS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS PARA O TORNEO DE CANGAS DE NARCEA
A Dirección Técnica da Federación Galega de Balonmán deu a coñecer as seleccións galegas infantís (masculina e feminina) que participarán no Torneo de Cangas de Narcea, que se celebrará do 4 ao 9 de xullo en Asturias. A Federación, neste caso, participará con dúas seleccións en cada categoría. Todas e todos os deportistas convocados deben levar: - Ropa para tres adestramentos - Toallas - Bikini ou bañador - Chanclas - Chándal ou leggins e sudadeira - Algunha camiseta - Material de aseo - Ropa interior - 2 paquetes de pañuelos -… Siehe mehr
SieheO domingo 18 de xuño, adestramento das preseleccións galegas infantís
O domingo 18 de xuño as seleccións galegas infantís (masculina e feminina) terá sesión de traballo, co obxectivo de definir o equipo que disputará o Torneo de seleccións de Cangas de Narcea (do 5 ao 9 de xullo). A selección infantil masculina está convocada o domingo 18 (18:30 horas) no pavillón municipal de Redondela, mentres que o equipo feminino adestrará ás 16:30 horas no mesmo pavillón. Nos documentos adxuntos tedes as respectivas convocatorias.
Siehe